Política de cookies
Por que non che pedimos permiso
Este sitio do Concello de Pontedeume non usa ningunha cookie de análise, de publicidade nin de seguimento, e non garda nada no teu dispositivo para medir. Só emprega as estritamente necesarias para funcionar, que están exentas de consentimento.
Por iso non verás ningunha ventá pedíndoche que aceptes cookies.
As que si se usan
Estas son todas, e para que serven:
- ag_idioma — garda o idioma no que escoitaches a última audioguía, para non telo que volver escoller en cada parada. Dura un ano. Non identifica a ninguén.
- Cookie de sesión do panel de xestión — só se crea se es persoal do concello e inicias sesión. Bórrase ao pechala.
Como borralas
Podes eliminalas dende as opcións do teu navegador. Se borras ag_idioma, a audioguía volverá empezar no idioma da páxina. O idioma do sitio non depende dela: sae sempre da configuración do teu navegador, ou do que diga a dirección.